i-rochiño

Tarxetas de expansión

slots

Van conectadas á placa base grazas aos slots e melloran a funcionalidade do ordenador. Estudaremos varios tipos de tarxetas:

Tarxetas gráficas

Encargadas de procesar os datos da CPU e adaptalos a un dispositivo de saída como é o monitor do equipo. Adicamoslles un apartado especial ás tarxetas gráficas.

Tarxetas de son

Encargadas de procesar e sacar sinais de audio. Ofrecen unha alta calidade de son con taxas de mostraxe elevadas (ata 192 kHz) e profundidades de bit (ata 24 bits), o que permite unha reprodución de audio moi precisa e clara.

Tarxetas adaptadoras de rede

Tamén chamadas NIC (en galego Tarxeta de Interfaz de Red) para comunicarse con outros dispositivos a través da rede. Atopamos no mercado tarxetas de 40 Gbps e con RDMA que transmite os datos á memoria sen pasar pola CPU.

Tarxetas adaptadoras para dispositivos NVM

Mediante este tipo de tarxetas pódense conectar no equipo dispositivos de almacenamento NMVe. A tarxeta que aparece na imaxe seguinte permite conectar dispositivos M.2 de almacenamento SSD NVMe e interfaces Ethernet ata 10Gbps.

Exemplo de imaxe centrada

   Volver á portada de Montaxe