i-rochiño

Sistemas de almacenamento

Disco duro

Cando instalamos un programa ou gardamos un ficheiro o que facemos é almacenalo na memoria secundaria, ou sexa nun disco. Este sistema de almacenamento non é volátil o que significa que a información queda gardada incluso se apagamos o ordenador. Unha vez instalado pódese executar cada vez que acendamos o ordenador sen necesidade de ter que instalar os programas de cada vez.

Destacaremos dous tipos de discos:

  • Discos duros, son dispositivos mecánicos
  • NVMe son un sistema de almacenamento máis moderno. Non é mecánico xa que é un conxunto de chips que gardan os datos. Dise que son dispositivos SSD é dicir, de estado sólido

Disco SSD

   Volver á portada de Montaxe