i-rochiño

Slots ou buses de expansión

slots

Os slots son os encargados de conectar a placa cos cartóns ou tarxetas de expansión.

Diferentes modelos, terán diferente número de contactos , e nuns casos empregaranse comunicacións paralelo e noutros casos comunicación serie, empregarán diferentes niveis de tensión, etc.

O máis antigo chamábase ISA pero os modernos son:

  • PCI: é un dos estándares de hoxe en día, traballa a 32 ou 64 bits e aliméntase con 3,3V ou 5V
  • AGP: é unha variante para tarxetas gráficas. Normalmente só hai un AGP en cada placa e adoita ser de cor marrón.

Actualmente as placas traen todas slots tipo PCIe.

PCIe

PCIe é un bus de comunicación punto a punto full-duplex que traballa cos datos en formato serie Creouse para reemplazar tanto a PCI como a AGP. Todas as placas actuais empregan diferentes versións de PCIe. A este bus pódense conectar: tarxetas de son , tarxetas gráficas , tarxetas de rede , tarxetas para dispositivos de almacenamento SSD, tarxetas adaptadoras a outro tipo de buses , etc.

Actualmente, co uso de USB e a capacidade das placas actuais de integrar chips de vídeo, son, rede, etc. resultaría, en moitos casos, innecesario o uso de tarxetas de expansión. Sen embargo, a evolución das novas versións de PCIe (3.0, 4.0 e 5.0) ofrecen uns rendementos tan altos, que fan que siga sendo unha opción da que botar man. A versión que empregue un dispositivo PCIe é un dato de especial relevancia, xa que en cada nova versión vai duplicando a taxa de transferencia da versión anterior.

Outra característica importante do bus PCIe, é que se trata dun bus modular, no sentido de que pode presentarse en diferentes formatos segundo as necesidades do dispostivo ao que vaia dirixido.

Carriles dun PCIe

Os conectores PCIe terán diferente número de vías de comunicacións, chamadas carriles, o que se traduce en diferente número de contactos.Deste xeito,dispositivos que movan grandes cantidades de datos, como poden ser as tarxetas gráficas, empregarán enlaces PCIe de moitos carriles, en concreto ata 16 carriles (aínda que tamén existe PCIe x32, raramente empregados ata o de agora). Estes dispositivos noméanse como PCIex16. Doutra banda, dispositivos que movan menor cantidade de datos, tal como unha tarxeta de rede ou mesmo de son, podería empregar enlaces PCIe de 1 ou 2 carriles (PCIe x1 ou PCIe x2 respectivamente). En ocasións ao número de carriles dun enlace PCIe tamén se lle chama ancho de banda.

Na anterior imaxe, móstranse unha placa base que conta con diferentes tipos de Slots: AGP , PCI e PCIe . Fixarse como os diferentes tipos de slots están a diferente distancia do borde esquerdo da placa base, é dicir non están en fila entre sí. Se tes unha placa diante e ves que diferentes slots están alineados, quere dicir quese trata do mesmo tipo de slot, se pola contra están desalineados,trátase de slots de distinto tipo . A distancia de cada slot o borde esquerdo dunha placa base é unha das normas establecidas no factor de forma das placas.

PCIBus

Novas posibilidades con PCIe

O PCIe Óptico emprégase en centros de datos e servidores, e comunica a computadora e os periféricos mediantes interfaces ópticas. Aínda non está dispoñible para ordenadores de escritorio. Ao comunicarse con luz, os sinais non sufren degradacións nen interferencias coa distancia, como lle sucede ás sinais eléctricas. Isto faría posible a opción de ter periféricos, como por exemplo unha tarxeta gráfica, fora da caixa da computadora.

Exemplo de PCIe óptico

   Volver ó índice da placa base