i-rochiño

Procesador

microprocesador

É a compoñente máis importante do ordenador. Hai quen di que é o verdadeiro cerebro que controla e goberna todo o sistema.

A CPU (central processing unit) como adoita chamarse consiste nun circuito integrado que interpreta e executa as instrucións dos programas almacenados na memoria.

Está formada por:

A potencia da CPU mídese segundo a velocidade e a cantidade de datos que é quen de procesar. Mídese en ciclos por segundo, ou millóns de ciclos por segundo, denominados megahercios (MHz), ou miles de millóns de ciclos por segundo denominados xigahercios (GHz).

Os maiores fabricantes de microprocesadores son AMD e Intel e son dous os tipos de procesadores que existen no mercado. Segundo o tipo socket que teñamoas na placa.

LGA vs PGA

Entre as características máis importantes dos procesadores falaremos por exemplo da frecuencia dun procesador que se mide en Hz. É a velocidade á que os seus pequenos transistores se activan e desactivan. A efectos prácticos, dicimos que representa a frecuencia á que o procesador pode realizar operacións: a maior frecuencia maior número de instrucións por segundo.

Para mellorar o funcionamento dos procesadores se integraron os cores ou núcleos que son unidades de procesamento independente. A incorporación de varios núcleos dentro dun procesador é un dos principais motivos do aumento do rendemento dos procesadores actuais sen a necesidade de aumentar drásticamente a súa frecuencia de traballo. Na imaxe vemos un procesador con catro cores e tres niveis de memoria caché

Partes dun procesador

   Volver ao índice do procesador