i-rochiño

Socket

socket do procesador

É o lugar da placa onde aloxamos o procesador. Para fixar a CPU ó socket empregamos un prendedor ou un deslizador arredor do que atopamos uns buratos para instalar os dispositivos de refrixeración.

O socket é específico para cada procesador, é dicir, cada socket admite uns determinados dispositivos pero non outros.

Existen as variantes de sockets:

  • socket ZIF (Zero Insertion Force): cheo de buratos para inserir o procesador que queda suxeito por un prendedor. Non precisamos facer forza para inserilo, ten unha panca para axustalo. Quedou un chisco obsoleto.

  • socket PGA: é a versión moderna dun socket con buratos. O procesador terá os pines para insertalo.

  • socket LGA: cheo de patillas, facilita a instalación e permite maior número de contactos e de velocidade. Ao ter os pines na placa e non no microprocesador redúcense as posibilidades de deixar inservible a CPU por unha mala montaxe.

LGA emprégase cando a eficiencia é importante, por exemplo para procesadores de altas prestacións. PGA é máis barato pero pode danarse na instalación.

   Volver ó índice da placa base