i-rochiño

Tarefa 12 - Propostas

Esta derradeira tarefa é voluntaria e simplemente son propostas de traballo para entrenar:

🧺 Preparación

Prepara unha carpeta á que imos chamar tarefas12 que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa: Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Propostas:

  1. Retoma o proxecto matemático da Tarefa 3 e que xenere na páxina cadros de texto para que o usuario introduza neles dous números e mostre as operacións feitas na mesma páxina web.
  2. Mellora o teu .css con cambios de cor e tamaño nos botóns.
  3. Retoma aquelo das cadeas da Tarefa 4 e que mostre as rebanadas que desexe o usuario na mesma páxina web.
  4. Utilizando o código da Tarefa 7 fai un formulario chulo para queos profes podamos meter as notas dos tres trimestres e nos devolva na mesma páxina a nota final dun alumno ou alumna.
  5. Volve ó proxecto da Tarefa 8 e refaino para que as preguntas as faga directamente na páxina web.
  6. Por suposto o noso programa estrela de cambios de moeda: todo, todo na mesma páxina.
   Volver a JavaScript