Máis contas nas librerías
E como se fai unha raíz cadrada? Benvidos ao fascinante mundo das bibliotecas (ou librerías) das linguaxes de programación.
🖥 Código
Tecleamos:
let moito = 9 ;
let raiz = Math.sqrt(moito);
alert(raiz);
🎞 Visualizar o javascript
Cando unha función non ven de fábrica pode ser que estea nunha biblioteca. No noso caso a función sqrt() forma parte da biblioteca Math polo que se indica como Math.sqrt();
☁️ Proxecto matemático ☁️
Investiga ti por internet un chisco na biblioteca Math
- Prepara unha carpeta coma sempre, chamada tarefa3_mates
- Crea tres variables numéricas de catro cifras decimais para xogar con elas.
- Tes que mostrar en alertas:
- A raíz cadrada dunha das variables
- O cadrado doutra delas
- O valor do número PI sen decimais
- A función que responde coa menor das variables
- Unha función que xenera un número aleatorio entre cero e tres
Precisas axuda?