Como fabricamos as nosas propias funcións para despois chamalas? function( ){ }
é a nosa solución. Debemos falar de parámetros e de return
Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa7_funcións que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:
Tarefa 0: Crear infraestrutura
No ficheiro .js tecleamos:
function sumita(a, b){
alert(a+b);
}
sumita(11,22);
sumita(100,200);
Analiza o seguinte código e trata de imaxinar como funciona:
function dividir(x,y){
return x/y;
}
var resultado = dividir(6,3);
alert(resultado);
function mediaNotas(trim1, trim2, trim3){
return (trim1 + trim2 + trim3)/3;
}
alert(mediaNotas(5,5,7));
Calcamos no .html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.
Fabrica unha función como a do código 1 que se chame multiplicar()
e que reciba tres parámetros. Chama a esa función con multiplicar(1,1,5);
Fabrica unha función coma no código 2 que se chame encadear();
que reciba dous parámetros que sexan cadeas de caracteres. Chama a esa función con encadear("Boas","tardes");
para que mostre na alerta o resultado de encadenar esas palabras (debidamente escrito: con espazo intermedio)
Cal é a diferencia entre o código 2 e o código 3?