i-rochiño


Microprocesador

microprocesador

É a compoñente máis importante do ordenador. Hai quen di que é o verdadeiro cerebro que controla e goberna todo o sistema.

A CPU (central processing unit) como adoita chamarse consiste nun circuito integrado que interpreta e executa as instrucións dos programas almacenados na memoria.

Está formada por:

-unidade de control (UC)

-unidade aritmético-lóxica (ALU)

-memorias caché

-rexistros

A potencia da CPU mídese segundo a velocidade e a cantidade de datos que é quen de procesar. Mídese en ciclos por segundo, ou millóns de ciclos por segundo, denominados “megahercios” (MHz), o miles de millóns de ciclos por segundo, denominados “xigahercios” (GHz).

   Volver ó índice da placa base