i-rochiño

->Memoria RAM

memoria RAM

É a memoria principal do ordenador. Está no interior da caixa e aloxada nos zócalos de memoria.

É un tipo de memoria volátil, é dicir almacena información mentres estea prendida e se apagamos o ordenador todo o seu contido desaparece. Esta é a razón pola que precisamos outro sistema de almacenamento alternaivo para gardar datos e poder usalos cando volvamos acender o ordenador, por exemplo un disco duro.

Os datos da memoria principal organízanse nunha especie de celas numeradas de tal xeito que toda a informacion localízase rapidamente. A cela recibe o nome de posición de memoria, e o seu número de orde denomínase enderezo de memoria.

Cando executamos un programa o que acontece é que o mandamos á RAM. Alí é onde están os programas mentres traballamos con eles.

   Volver ó índice da placa base