Forma parte do microprocesador e ten a responsabilidade de facer as contas mailas operacións lóxicas. A ALU traballa baixo a supervisión da unidade de control.
A unidade aritmético-lóxica recibe nuns rexistros auxiliares os datos para efectuar operacións de cálculo e comparacións. Noutro rexistro chamado acumulador devolve o resultado.