i-rochiño

Caixa ou chasis

Caixa do ordenador

A caixa dun ordenador debe ofrecer unha estructura para soster o equipo informático e deixar espacio dabondo para aloxar as compoñentes internas da computadora (lembrar a posibilidade de ampliar o equipo).

Outra das razóns para mercar unha boa caixa é permitir liberar a calor xenerada polos dispositivos que estean no seu interior: refrixérase co aire do exterior que entra frío polas rellas ou buratos da caixa e sae quente normalmente pola parte traseira. Canto maior tamaño teña mellor será a ventilación e a adecuación ós compoñentes.

Os materiais das caixas adoitan ser de aceiro galvanizado, de plásticos tipo metacrilato ou ben de aluminio.

Outro factor a ter en conta é o número de bahías para aloxar dispositivos de almacenamento (discos duros ou unidades de DVD) e os cartóns de expansión que podamos precisar.

   Volver ó índice de Montaxe