A fonte de alimentación é o elemento do interior da caixa do ordenador que convirte a tensión alterna da rede eléctrica en tensión contínua para dar corrente ós dispositivos que estean no interior do chasis.
Dispón dun ventilador para refrixerar as compoñentes e evitar que se dañen pola calor que xenera.
As fontes ATX son as máis habituais e van conectadas á placa base. Reciben polo conector macho unha corrente alterna de 230 V a 50 Hz e transfórmanna en contínua cos valores:
Cada cable que sae da fonte de alimentación ten unhas características especiais e correspóndese co seu propio conector na placa ou no dispositivo interno. Para evitármonos erros non se deben forzar cables que non coincidan correctamente no conector.