Repetir e repetir… menudo aburrimento, para eso están as maquinas!!! Usaremos bucles, tamén chamados lazos. Imos cantar e lembrar a infancia 😉
A sintaxe do bucle for
é un tanto enrevesada xa que precisa ter a man range()
. Imos paseniño, falámolo na aula. Coma sempre tratade de entender o que pasa:
O primeiro, repetir algo o número de veces que nos pete:
for repe in range(15):
print("Había unha vez un barquito chiquitito... ')
Pedímoslle que nos vaia dicindo canto vale. Tamén coñecedes esta canción infantil?
for numElefantes in range(6):
print(numElefantes, ' elefantes se balanceaban sobre la tela... ')
Tanto teclear código e vai ser xusto no seguinte onde aprendemos a contar dende 14 ata 18:
for nnn in range(14,18):
print(nnn)
Moi importante que entendades que nuns casos a variable non está dentro do for
e noutros si.
for
podemos programalo agora mesmiño.