i-rochiño

Tarefa 7 - Funcións

Lembrades que empregamos funcións na tarefa na que calculamos raíces cadradas? Como podemos fabricar as nosas propias funcións para despois usalas? def( ) é a resposta. Debemos falar de parámetros e de return

🧺 Preparación

Proba os códigos seguintes e trata de analizalos debidamente:

💻 Código 1

def sumita(a, b):
    print(a+b)

Fai un par de chamadas a esa función e comproba se vai:

sumita(11,22)
sumita(100,200)

💻💻 Código 2

Analiza o seguinte código e trata de ver as diferenzas co anterior:

def dividir(x,y):
    return x/y

Como esta función devolve o valor da división teremos que facer un par de pasos:

resultado = dividir(6,3)
print(resultado)

Pregunta moi importante: fai o experimento de que os números que queres dividir sexan 0

✏️ Cambios interesantes

Fabrica unha función como a do código 1 que se chame multiplicar() e que reciba tres parámetros. Chama a esa función con multiplicar(1,1,5)

Agora faino coma o exemplo do código 2

   Volver a Python