i-rochiño

Tarefa 6 - Condicionais

Se entendes esto daquela non terás problema cos condicionais, no caso contrario… vas ter que analizalo con calma. Ou o que vén sendo o mesmo: if (entendes == si) {No problem} else {Analiza con calma}

🧺 Preparación

Precisamos un ficheiro ao que imos chamar tarefa6_condicionais.py Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:

Tarefa 0: Crear infraestrutura

💻 Código

No ficheiro tarefa6_condicionais.py tecleamos:

posicion = 3
if(posicion == 1):
	print("Medalla de ouro")
else:
    print("Non es o campeón ")

✏️ Cambios interesantes

Como se fará para que mostre que é medalla de bronce?

Como melloramos o código para preguntar ao usuario cal é a posición na que quedou e que indique cal é a medalla que lle corresponde?

   Volver a Python