Na tarefa anterior o noso código preguntaba e resp era o nome da variable que garda o que tecleaba o usuario.
Se resp é un número e quero usalo despois para facer contas matemáticas a cousa complícase un nadita. Python considera que o que contesta o usuario é sempre “letras” que aquí se chaman cadeas. Python non sabe facer operacións matemáticas con cadeas. Cómpre converter as cadeas en números enteiros.
😭😭 Python decide que o que teclea o usuario é unha cadea. Razón? pois así son as cousas🤷
Haberá que transformar o que di o usuario nun número “de verdade” para facer contas con el. O truco é a función int()
contestado = input("Cal é o teu número favorito? ")
numerito = int(contestado)
triple = numerito*3
print("Tres veces do teu número favorito é.... ", triple)
Aclaración: unha ducia son 12 ovos
input().int()Quen pasa de ducias a ovos pasa tamén de km a metros ou de euros a dólares….