E como se fai unha raíz cadrada? Benvidos ao fascinante mundo das bibliotecas (ou librerías) das linguaxes de programación.
Sumar, restar e multiplicar sabe facelo calquera pero se queremos unha conta matemática máis complexa temos que solicitar unha biblioteca de funcións. Cando unha función non vén de fábrica pode ser que estea nunha biblioteca, en cal? Seguro que en internet obtemos información.
Lembra a proposta de Tarefa 0: Crear infraestrutura
Tecleamos:
import math
print (math.sqrt(25))
Notades o que fai? A primeira liña trae unha biblioteca que se chama math. Cómpre volver a internet para averigur como se chaman as funcións que trae.
O que facemos na segunda liña é usar math.sqrt()
que vén sendo como se chama a función para calcular a raíz cadrada usando a librería math (tiven que buscalo por internet, non pensedes que me sei todas as funcións desta biblioteca de memoria)
No noso caso a función sqrt() forma parte da biblioteca math polo que teclearemos math.sqrt();
Imos complicalo un chisco máis:
moito = 9
print (math.sqrt(moito))
Investiga ti por internet un chisco na biblioteca math
Sube ao teu repositorio o ficheiro tarefa3_mate.py coa solución deste proxectiño.