i-rochiño

Tarefa 2 - Variables

A nosa primeira variable

Imos complicalo un chisco. Se non poñemos comiñas na tarefa anterior python entende que ten que poñer o valor dunha variable.😰

💻 Código

No ficheiro tarefa2.py tecleamos a seguinte liña de código:

gastoHoxe = 10
print(gastoHoxe)

Esto significa que na memoria do ordenador reservamos unha parte á que lle chamamos gastoHoxe e decimos que garde alí un 10. Falando máis tecnicamente, no código declaramos unha variable chamada gastoHoxe e dámoslle o valor 10.

✏️ Variacións: contas diarias

Fai un pequeno cambio:

gastoHoxe = 22.22
gastoOnte = 33.33
total = gastoHoxe + gastoOnte
print(total)

No código creamos tres variables, metimos nas dúas primeiras uns numeritos e na terceira variable mandámoslle facer unha suma. Parece que a fixo ben.

Inventa todas as variacións que se te ocurran: con sumas, decimais, restas, multiplicacións, mellor non con algunhas divisións 😇…

Fai as túas anotacións.

   Volver a Python