i-rochiño

Tarefa 1 - print()

A nosa primeira función

Comezamos co noso primeiro código en python empregando unha función que trae de fábrica. É unha palabra en inglés e xusto despois parénteses. O interesante vai nas parénteses.

🧺 Preparación

Abre un IDE para teclear o código, p.e. VSCodium e crea un ficheiro novo que se chame tarefa1.py Lembra onde o gardas, suxiro que o fagas no escritorio ou nunha carpeta.

💻 Código

Tecleamos a seguinte liña de código:

print("Moi boas a todos")

🎞 Visualizar o python

Abre un terminal en Linux e teclea directamente

python3 tarefa1.py

Simplemente con Enter deberías ver o que fai a túa función. Non parece difícil, ou?

✏️ Cambios interesantes

Engade outras liñas de código para xogar con números:

print("2+2");

Agora caseque o mesmo pero sen comiñas:

print(2+2);

Inventa todas as variacións que se te ocurran: con comiñas, sen elas, con til, sen nada, con letras, con números, con emoticonos,… Fai as túas anotacións.

► Se poñemos entre comiñas calquera cousa: letras ou números fai algo así coma “copipaste”. Falamos de cadeas (Strings)

► Se o que poñemos é unha conta matemática (sen comiñas) mostra o resultado: os ordenadores saben moito de números.

Sube o teu ficheiro ao repositorio.

   Volver a Python