i-rochiño

Tarefa 0 - Crear infraestrutura

🧺 Ingredientes

Cada proxecto será un ficheiro.py que tedes que subir ao voso repositorio persoal.

No meu repositorio tes unha pequena plantilla aquí.

💻 O que debes facer:

  1. Crea un repositorio no teu GitHub para estes proxectiños.
  2. Vai subindo os ficheiros.py que imos tecleando en cada tarefa. Ponlles de nome o que se indica para que deamos organizado todo ben.

✏️ Ferramentas

Para traballar en local xogaremos no terminal tecleando

  • python3
  • ipython

Tamén imos usar o IDE chamado VSCodium.

Se queredes ser un chisco máis pro e empregar un editor aconséllovos calquera dos editores: Notepad++, BlueFish, Brackets, VS Code..

Tedes tamén as versións Portable para Windows

   Volver a Python