Cando varios procesos están agardando escolle para executar o proceso que vai ocupar durante menos tempo o sistema.
Proceso | Tempo de chegada | Tempo de execución |
---|---|---|
P1 | 0 | 7 |
P2 | 2 | 6 |
P3 | 4 | 1 |
Con esta planificación no tempo 0 chega o primeiro proceso e toma posesión da CPU durante sete segundos. Cando van dous segundos chega P2 pero a CPU está ocupada e terá que agardar. Nesto que chega P3 e non lle queda outra que agardar que remate o primeiro proceso.
Cando remata P1 resulta que P2 e P3 están pendentes. Como P3 só precisa un segundo cólase e execútase antes. Cando remata ocupará a CPU durante os segundos que necesite o proceso P2.
O diagrama de Gantt ou cronograma sería:
tempo: | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P1 | + | = | = | = | = | = | = | = | |||||||
P2 | + | … | … | … | … | … | … | = | = | = | = | = | = | ||
P3 | + | … | … | … | = |
Nota: En caso de empate emprega un algoritmo FIFO: se P3 tamén precisara seis segundos executaríase P2 xa que chegou antes. Xusto despois tocaríalle a P3