First In first Out: o que chega embarca.
Con este algoritmo a planificación respecta o turno de chegada. Os procesos execútanse na orde na que chegan: o primeiro execútase ata que remata e o segundo ponse á cola. Cando chega o terceiro non lle queda outra que agardar a que rematen o primeiro e despois o segundo.
Proceso | Tempo de chegada | Tempo de execución |
---|---|---|
P1 | 0 | 7 |
P2 | 3 | 2 |
Con esta planificación no tempo 0 chega o primeiro proceso e toma posesión da CPU durante sete segundos. Cando van tres segundos chega P2 pero a CPU está ocupada e terá que agardar. Cando remata o primeiro proceso entra o segundo e execútase durante o tempo que precise.
O diagrama de Gantt ou cronograma sería:
tempo: | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P1 | + | = | = | = | = | = | = | = | ||
P2 | + | … | … | … | … | = | = |