i-rochiño


Estados dos procesos

Un proceso pódese crear, executar, poñelo en espera, quedar bloqueado ou matalo.

Imaxinemos un proceso que precisa mandar datos á impresora e xusto está apagada. Nestes casos diremos que o proceso está bloqueado agardando que se produza un evento. Cando alguén prende a impresora deixa de estar bloqueado e pasa ó final da lista de procesos pendentes. Tócalle agardar á súa quenda.

Para crear a man un proceso en Linux temos o comando fork e para monitorizar os procesos que se están executando usaremos top, ps. Para rematar un proceso empregaremos kill. Moito olliño con facelo sen estar seguros do que “matamos”.

estados dos procesos

   Volver ó índice de Planificación da CPU