Un proceso pódese crear, executar, poñelo en espera, quedar bloqueado ou matalo.
Imaxinemos un proceso que precisa mandar datos á impresora e xusto está apagada. Nestes casos diremos que o proceso está bloqueado agardando que se produza un evento. Cando alguén prende a impresora deixa de estar bloqueado e pasa ó final da lista de procesos pendentes. Tócalle agardar á súa quenda.
Para crear a man un proceso en Linux temos o comando fork
e para monitorizar os procesos que se están executando usaremos top, ps
. Para rematar un proceso empregaremos kill
. Moito olliño con facelo sen estar seguros do que “matamos”.