i-rochiño


Hardware externo

Chamaremos periférico a calquera dispositivo que non vai dentro da caixa do ordenador.

Clasificarémolos tendo en conta se permiten introducir datos no ordenador ou se devolven datos ó usuario:

  • periféricos de entrada: o usuario introduce información, p.e. teclado
  • periféricos de saída: o ordenador mostra uns resultados, p.e. pantalla
  • periféricos de I/O: permiten tanto meter datos como mostralos, p.e. disco duro externo

Outra clasificación ten en conta o seu uso:

  • Periféricos de comunicacións: empléanse para intercambiar datos entre ordenadores, p.e.módem router ou switch
  • Periféricos de almacenamento: úsanse como memoria auxiliar á principal do ordenador. p.e. pen ou recursos na nube
   Volver ó índice da periféricos