i-rochiño

Conectores externos

Conectores externos

Para comunicarse cos periféricos son moitos os conectores ós que se accede polas aberturas da caixa. Os tamaños e modelos están estandárizados sendo os máis comúns:

  • PS/2 son circulares, normalmente verdes e morados. Comunican o teclado mailo rato co ordenador. A transmisión de datos é en serie.
  • USB é o máis usado hoxe en día. A comunicación tamén é en serie. Os catro cables que o forman empréganse dous para alimentación e dous para o intercambio de datos.
  • Ethernet é o cable de rede. Emprega o formato RJ-45 para conectar ordenadores entre sí ou a traverso de periféricos de comunicación a internet.
  • Conectores de audio, os máis extendidos son os mini-jack para micrófonos, altoparlantes ou auriculares.
  • Firewire era un porto con transmisión en paralelo que permite unha alta taxa de transferencia de datos. Caseque non se usa no ámbito doméstico.
  • Conectores de vídeo son de varios tipos:
    • VGA é o sistema máis empregado para conectar as pantallas ós ordendores
    • DVI transmite os datos dixitalizados
    • HDMI permite o envío de audio e vídeo de alta definición

conectores externos

   Volver ó índice de Montaxe