Esta derradeira tarefa Ć© voluntaria e simplemente son propostas de traballo para entrenar:
𧺠Preparación
Prepara unha carpeta Ɣ que imos chamar tarefas12 que terƔ coma sempre un .html xunto cun .css e tamƩn un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa: Tarefa 0: Crear infraestrutura
š„ Propostas:
- Retoma o proxecto matemÔtico da Tarefa 3 e que xenere na pÔxina cadros de texto para que o usuario introduza neles dous números e mostre as operacións feitas na mesma pÔxina web.
- Mellora o teu .css con cambios de cor e tamaño nos botóns.
- Retoma aquelo das cadeas da Tarefa 4 e que mostre as rebanadas que desexe o usuario na mesma pƔxina web.
- Utilizando o código da Tarefa 7 fai un formulario chulo para queos profes podamos meter as notas dos tres trimestres e nos devolva na mesma pÔxina a nota final dun alumno ou alumna.
- Volve ó proxecto da Tarefa 8 e refaino para que as preguntas as faga directamente na pÔxina web.
- Por suposto o noso programa estrela de cambios de moeda: todo, todo na mesma pƔxina.