i-rochiño

Tarefa 10 - Conto do while ^^

Xa sabemos de bucles e xogando chegamos ata os bucles infindos. Hai outro xeito de repetir unha parte do código, como no cuento de la buena pipa.

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa10_while que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa: Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código 1

Imos facer agora que se execute o código que está entre chaves tantas veces como indiquemos na paréntese. Fixádevos que temos que crear e inicializar a variable antes do while, xa irá o bucle contando despois. Neste caso é cuspidiño a un lazo for.

var numerito;
numerito = 0;
while (numerito <=10){
	document.write(numerito + ' ->');
	numerito++;
}

✏️ Cambios interesantes:

► que pasa se poñemos numerito++; xusto de primeiro entre chaves?

► se non repites o signo máis e pos dous signos menos, que tes que modificar para non entrar nun bucle infindo?

🖥 Código 2

Na hora de ir xantar ou merendar imos facer algo novo. Esa parella de signos != significa distinto. Ese código vai preguntando ao usuario de que quere o bocata. Analizade ben o que indica. Cando rematará o bucle?

document.write('<h3> ☞ Preparar bocata </h3>');
var comida;
comida = 'Pan con:';
while (comida != 'nada') {
	document.write(comida + ' ');
	comida  = prompt('Que vos apetece comer con pan?');
}

✏️ Cambios interesantes:

► que pasa se cambias de orde as dúas liñas que están dentro das chaves?

► que acontece se respondes calcando OK ou Cancel

🖥 Código 3

Lembraredes que na Tarefa 6 - Condicionais falamos da función confirm();. Usaremos aquelo de true e false -que por certo chámanse variables booleanas- Repásao se non o lembras ben.

Voltamos ás cousas de nenos.

var conto = "Quieres que te cuente el cuento de la buena pipa?"
var resposta;
resposta = true;
while (resposta == true) {
	document.write( conto );
	resposta  = confirm(conto);
}

✏️ Cambios interesantes:

► modifica a condición do while para que remate cando o usuario preme OK

► averigua o que acontece se antes do bucle inicializas a variable con resposta == false

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html de cada tarefa. Debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

Ti podes:

No meu repositorio en GitHub chamado exerciciosJavascript xa podes analizar e probar os cinco primeiros exercicios. Descárgao todo ou fai un fork.

Novidade: existe outro tipo de bucle que é o switch-case vas ter que usalo no seguinte proxecto:

☁️ Proxecto bancario ☁️

  1. Prepara unha carpeta coma sempre, chamada tarefa10_euro2yens.
  2. Reutiliza as túas funcións de cambio de moneda.
  3. O programa pregunta ao usuario que producto acaba de mercar.
  4. O programa pregunta ao usuario canto custa o producto.
  5. O programa pregunta ao usuario que moneda usou: euro ou yen.
  6. O programa emprega a estrutura switch-case para chamar á función que calcula de euros a yens ou viceversa.
  7. Móstrase na páxina web o nome do producto, prezo en euros e prezo en yens.
  8. Pregúntase ao usuario se ten outro producto: se o ten volve a comezar, en caso contrario despídese educadamente. Usando while

Sube ao teu repositorio a carpeta deste proxecto chamada tarefa10_euro2yen

   Volver a JavaScript