Xa sabemos de bucles e xogando chegamos ata os bucles infindos. Hai outro xeito de repetir unha parte do código, como no cuento de la buena pipa.
Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa10_while que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa: Tarefa 0: Crear infraestrutura
Imos facer agora que se execute o código que está entre chaves tantas veces como indiquemos na paréntese. Fixádevos que temos que crear e inicializar a variable antes do while
, xa irá o bucle contando despois. Neste caso é cuspidiño a un lazo for
.
var numerito;
numerito = 0;
while (numerito <=10){
document.write(numerito + ' ->');
numerito++;
}
✏️ Cambios interesantes:
► que pasa se poñemos numerito++;
xusto de primeiro entre chaves?
► se non repites o signo máis e pos dous signos menos, que tes que modificar para non entrar nun bucle infindo?
Na hora de ir xantar ou merendar imos facer algo novo. Esa parella de signos !=
significa distinto. Ese código vai preguntando ao usuario de que quere o bocata. Analizade ben o que indica. Cando rematará o bucle?
document.write('<h3> ☞ Preparar bocata </h3>');
var comida;
comida = 'Pan con:';
while (comida != 'nada') {
document.write(comida + ' ');
comida = prompt('Que vos apetece comer con pan?');
}
✏️ Cambios interesantes:
► que pasa se cambias de orde as dúas liñas que están dentro das chaves?
► que acontece se respondes calcando OK ou Cancel
Lembraredes que na Tarefa 6 - Condicionais falamos da función confirm();
. Usaremos aquelo de true
e false
-que por certo chámanse variables booleanas- Repásao se non o lembras ben.
Voltamos ás cousas de nenos.
var conto = "Quieres que te cuente el cuento de la buena pipa?"
var resposta;
resposta = true;
while (resposta == true) {
document.write( conto );
resposta = confirm(conto);
}
✏️ Cambios interesantes:
► modifica a condición do while
para que remate cando o usuario preme OK
► averigua o que acontece se antes do bucle inicializas a variable con resposta == false
Calcamos no .html de cada tarefa. Debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.
No meu repositorio en GitHub chamado exerciciosJavascript xa podes analizar e probar os cinco primeiros exercicios. Descárgao todo ou fai un fork.
Novidade: existe outro tipo de bucle que é o switch-case
vas ter que usalo no seguinte proxecto:
switch-case
para chamar á función que calcula de euros a yens ou viceversa.while
Sube ao teu repositorio a carpeta deste proxecto chamada tarefa10_euro2yen