i-rochiño

Tarefa 8 - DOM ^^

A idea … non era facer páxinas web dinámicas????

🧺 Preparación

Descarga ou fai un fork do repositorio de exercicios resoltos de JavaScript.

🖥 Códigos para analizar e argallar neles

Analiza os exercicios 1, 2 e 3 que teñen en cadanseu .html ? Algunha novidade nos .js que non sexa:

    document.write(    );

Fíxate ben no que acontece: estou engadindo etiquetas HTML dentro dunha función que trae de fábrica JavaScript nun ficheiro .js

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html de cada exercicio. Debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

☁️ Proxecto de medallas olímpicas ☁️

  1. Prepara unha carpeta coma sempre, chamada tarefa8_medallista.
  2. Fabrica unha función que ten de parámetro de entrada a posición na que quedou un atleta e devolve o tipo de medalla que se lle concede.
  3. Pregunta ao usuario cal é a posición na que quedou.
  4. Chama á función pasándolle a resposta do usuario.
  5. Mostra na páxina web a posición do atleta e o tipo de medalla que lle deron

Sube ao teu repositorio a carpeta deste proxecto chamada tarefa8_medallista

   Volver a JavaScript