i-rochiño

Tarefa 6 - Condicionais

Se entendes esto daquela non terás problema cos condicionais no caso contrario… vas ter que analizalo con calma. Ou o que vén sendo o mesmo: if (entendes == si) {No problem} else {analiza con calma}

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa6_condicionais que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:

Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código 1

No ficheiro .js tecleamos:


    var posicion = 3;
    if(posicion == 1) {
    	alert("Medalla de ouro");
    } else {
    	alert("Non es o campeón ");
    }

🖥 Código 2

Analiza o seguinte código e trata de imaxinar como funciona:


    var desexo = confirm("Queres seguer nesta páxina?");
    if (desexo == true){
    	alert("Aquí nos quedamos");
    } else {
    	alert("De verdade acabas de premer en Cancel ?");
    }

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

✏️ Cambios interesantes

Como se fará para que na alerta do código 1 para mostre que é medalla de bronce?

Como melloramos o código 1 para preguntar ao usuario cal é a posición na que quedou e que nunha alerta indique cal é a medalla que lle corresponde

   Volver a JavaScript