i-rochiño

Tarefa 5 - Charlando... ^^

Que tal se a páxina nos pregunta algo e respondemos?

Declaro unha variable coma sempre pero agora será o usuario o que lle dea valor

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa5_animados que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:

Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código

No ficheiro .js tecleamos:

    var nome;
    nome = prompt("Como te chamas?   ");
    alert("Guau... que nome máis interesante " + nome);
    alert("Ti es unha grande persoa " + nome);
    alert("Vales moito " + nome);
    alert("Non hai ninguén máis elegante ca " + nome);
    alert("e... " + nome + ", o mundo adórate!");

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

Subidón de autoestima se pos o teu nome!!!!

Pero…..

O que teclea o usuario é un número ou unha cadea??

😭😭 JavaScript decide que o que teclea o usuario é unha cadea.

Razón? pois así son as cousas🤷

Haberá que transformar o que di o usuario nun número se queremos facer contas con el.

☁️ Proxecto para convertir ovos e ducias ☁️

Aclaración: unha ducia son 12 ovos

  1. Prepara unha carpeta coma sempre, chamada tarefa5_ducias2ovos
  2. Declara unha variable na que gardar as ducias.
  3. Pregunta ao usuario cantas ducias de ovos leva unha tortilla usando prompt();. Convirte a resposta do usuario a número con parseInt();
  4. Mostra nunha alerta o que dixo o usuario convertido a número.
  5. Fai a conta correspondente para saber cantos ovos leva esa megatortilla.
  6. Mostra nunha alerta o resultado do número de ovos

Sube ao teu repositorio a carpeta deste proxecto chamada tarefa5_ducias2ovos

Quen pasa de ducias a ovos pasa tamén de km a metros ou de euros a dólares….

   Volver a JavaScript