i-rochiño

Tarefa 4 - Cadeas

As nosas segundas variables var ou let

Alguén sabe o que significa sumar palabras? JavaScript é quen de facelo.

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa4_cadeas que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:

Tarefa 0: Crear infraestrutura

💻 Código

No ficheiro .js tecleamos:

    var euSon = "Profe" + " que " + " conta " + " JavaScript ";
    alert(euSon);

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

✏️ Cambios interesantes

Para facer un salto de liña:

    var euSon = "Profe" + " que " + " conta " + "\n" +" JavaScript ";
    alert(euSon);

Agora imaxina ti o que fai un método chamado .length Certo que un chisco de inglés axuda

    var oficio = "Profe";
    var longura = oficio.length;
    alert(longura);

Agora imaxina ti o que fai unha nova función que trae de fábrica chamada .slice(); Certo que un chisco de inglés tamén axuda

    var oficio = "Profe";
    var rebanada = oficio.slice(3,5);
    alert(rebanada);

Busca por internet máis funcións e métodos que se usen con cadeas. Por exemplo que atope a posición dunha letra ou palabra no medio dunha cadea de caracteres … Fai as túas anotacións.

Estamos aprendendo moito: funcións, métodos, variables, cadeas, bibliotecas…👏👏.

   Volver a JavaScript