i-rochiño

Tarefa 3 - Mates

Máis contas nas librerías

E como se fai unha raíz cadrada? Benvidos ao fascinante mundo das bibliotecas (ou librerías) das linguaxes de programación.

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa3_mates

Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código

No ficheiro .js tecleamos:

    var moito = 9 ;
    var raiz = Math.sqrt(moito);
    alert(raiz);

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

Cando unha función non ven de fábrica pode ser que estea nunha biblioteca. No noso caso a función sqrt() forma parte da biblioteca Math polo que se indica como Math.sqrt();

☁️ Proxecto matemático ☁️

Investiga ti por internet un chisco na biblioteca Math

  1. Prepara unha carpeta coma sempre, chamada tarefa3_mates
  2. Crea tres variables numéricas de catro cifras decimais para xogar con elas.
  3. Tes que mostrar en alertas:
    • A raíz cadrada dunha das variables
    • O cadrado doutra delas
    • O valor do número PI sen decimais
    • A función que responde coa menor das variables
    • Unha función que xenera un número aleatorio entre cero e tres

Sube ao teu repositorio en GitHub nunha carpeta á que chamaremos tarefa3_mates que conteña un .js que mostre todos os puntos pedidos

Precisas axuda?

   Volver a JavaScript