i-rochiño

Tarefa 2 - Variables

A nosa primeira variable var ou let

Imos complicalo un chisco. Se non poñemos comiñas na tarefa anterior JavaScript entende que ten que poñer na ventá emerxente o valor dunha variable.😰

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa2_var que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:

Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código

No ficheiro .js tecleamos a seguinte liña de código:

    var gastoHoxe;
    gastoHoxe = 10;
    alert(gastoHoxe);

No código declaramos unha variable chamada gastoHoxe e démoslle o valor 10

Vale 👍… tamén se pode poñer de golpe var gastoHoxe=10;👍

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

✏️ Variacións: contas diarias

Fai un pequeno cambio no teu ficheiro .js:

    var gastoHoxe = 22.22;
    var gastoOnte = 33.33;
    var total = gastoHoxe + gastoOnte;
    alert(total);

No código creamos tres variables, metimos nelas uns numeritos, aínda que na terceira variable mandámoslle facer a JavaScript a suma. Parece que a fixo ben.

Inventa todas as variacións que se te ocurran: con sumas, decimais, restas, multiplicacións, mellor non con algunhas divisións 😇…

Fai as túas anotacións.

### 🤓 Avanzado:

https://codepen.io/nominalaeon/post/using-variable-declarations-to-improve-readability

   Volver a JavaScript