i-rochiño

Tarefa 1 - alert();

A nosa primeira función será alert();

Comezamos co noso primeiro ficheiro de javascript empregando unha función que trae de fábrica. É unha palabra en inglés, parénteses e punto e coma final. O interesante vai nas parénteses.

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa1_alert que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa:

Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código

No ficheiro escripito.js tecleamos a seguinte liña de código:

    alert("Moi boas a todos");

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos en index.html e debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

✏️ Cambios interesantes

Fai un pequeno cambio no teu ficheiro .js:

    alert("2+2");

Agora caseque o mesmo pero sen comiñas:

    alert(2+2);

Inventa todas as variacións que se te ocurran: con comiñas, sen elas, con til, sen nada, con letras, con números, con emoticonos,… Fai as túas anotacións.

► Se poñemos entre comiñas calquera cousa fai algo así coma “copipaste”. Falamos de cadeas (Strings)

► Se o que poñemos é unha conta matemática mostra o resultado: os ordenadores saben moito de números.

   Volver a JavaScript