i-rochiño

Tarefa 0 - Crear infraestrutura

Ferramentas

Para traballar en local aconséllovos as versións Portable de:

  • Editor: Sublime, Notepad++, Atom, Brackets, VS Code..
  • Navegadores: Firefox, Chrome, Chromium, Opera,… Firefox Developer Edition

Ingredientes

Precisamos para cada proxecto unha carpeta que conteña os seguintes documentos:

  • index.html
  • estilazo.css
  • escripito.js

No meu repositorio tes unha pequena plantilla aquí.

Novidades no código

Na cabeceira do .html temos que chamar ós outros ficheiros, polo que cómpre engadir:

    <link rel="stylesheet" href="estilazo.css">
    <script type="text/javascript" src="escripito.js"></script>

Calca no .html para ver a pinta da páxina web no navegador. Non parece moi interesante🤷

O teu traballo

  1. Crea un novo repositorio no teu GitHub que se chame JavaScript
  2. Fabrica a túa propia plantilla para usar cun .html outro .css e un .js Súbea ao teu repositorio para tela a man.
   Volver a JavaScript