Existen outras técnicas para facer máis eficiente a comunicación entre os periféricos mailo ordenador. Podemos destacar:
- Caching: almacenamos nunha pequena caché de acceso moi rápido os datos que máis se utilizan para E/S.
- Buffering: escollemos un área da memoria como intermediario para que almacene os datos mentres van chegando.
- Spooling: os periféricos acceden ó ordenador por quendas.