i-rochiño


Autodiagnóstico POST

Cando arranca un ordenador faise unha comprobación do sistema chamada autodiagnóstico POST (power-on self-test).

O primeiro que se fai é recoñecer se a CPU está funcionando, a memoria, as unidades de disco e calquera outro dispositivo conectado, sexa o teclado, o rato ou a impresora. Verifícase que no existan erros de conexión e que todos os dispositivos estean preparados para traballar coordenadmente.

placaNa placa base do ordenador existe un dispositivo que se chama BIOS (ou as modernas EFI ou UEFI) que ten un software moi simple que vai comprobando todo e mostrando en pantalla o resultado desa verificación.

Se algo falla o ordenador lanza un aviso que pode ser sonoro. Nesta páxina e nesta en castelán indícanse o significado que teñen os pitidos dalgunhas placas cando algo vai mal.

Se queremos modificar calquera parámetro de hardware, por exemplo que arranque o ordenador dende outro disco duro daquela usaremos un programa chamado Setup. Xusto cando prendemos o ordenador, antes do arranque do sistema cada fabricante configura as teclas que cómpre usar para acceder ó Setup.

No mercado podemos mercar uns cartóns de expansión que se instalan na placa e mostran códigos de posibles erros no arranque do sistema.

Se todo vai ben o sistema operativo cárgase en memoria e permanece alí. O usuario xa pode interacionar con el para acceder ós recursos da máquina grazas a que actúa en segundo plano. Só deixa de executarse cando se apaga o ordenador.

   Volver ó índice de Sistemas Operativos