i-rochiño


-> Algoritmo Round-Robin

Este algoritmo é expulsivo, é dicir, os procesos van entrando e saíndo da CPU cada certo tempo ata que rematan a súa execución.

A idea é repartir o tempo e darlle a cada proceso un tempo chamado quantum. En canto agota ese tempo sae e deixa libre a CPU para que outro proceso que está na cola se vaia executando.

Temos que ter control dos tempos de chegada, dos quantos que leva usados e da orde na cola de procesos.

Por exemplo, supoñamos que o quantum é de 2 e chegan os procesos:

Proceso Tempo de chegada Tempo de execución
P1 0 3
P2 1 2

O primeiro en executarse é P1 que ocupa o seu quantum de 2 ciclos (quédalle un pendente para rematar).

Mentres se executa chega P2 e ponse á cola. Pasan dous ciclos e P1 expúlsase da CPU.

tempo: 0 1 2 3 4 5
P1 + = =  
P2   +      

Tócalle entrar a P2 para ocupar o seu quantum. Remata o tempo (e casualmente a súa execución) e expúlsase.

Na cola quedaba pendente P1; asígnanselle dous ciclos, pero resulta que con un ten dabondo para rematar.

Na cola foron entrando: P1, P2, P1 (tivo que volver á cola para poder acabarse).

O cronograma queda:

tempo: 0 1 2 3 4 5
P1 + = = =
P2   + = =  

Ver un exemplo máis complexo

   Volver ó índice de Planificación da CPU