i-rochiño


-> SJF

Cando varios procesos están agardando escolle para executar o proceso que vai ocupar durante menos tempo o sistema.

Proceso Tempo de chegada Tempo de execución
P1 0 7
P2 2 6
P3 4 1

Con esta planificación no tempo 0 chega o primeiro proceso e toma posesión da CPU durante sete segundos. Cando van dous segundos chega P2 pero a CPU está ocupada e terá que agardar. Nesto que chega P3 e non lle queda outra que agardar que remate o primeiro proceso.

Cando remata P1 resulta que P2 e P3 están pendentes. Como P3 só precisa un segundo cólase e execútase antes. Cando remata ocupará a CPU durante os segundos que necesite o proceso P2.

O diagrama de Gantt ou cronograma sería:

tempo: 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
P1 + = = = = = = =              
P2     + = = = = = =
P3         + =            

Nota: En caso de empate emprega un algoritmo FIFO: se P3 tamén precisara seis segundos executaríase P2 xa que chegou antes. Xusto despois tocaríalle a P3

Consultar un exemplo máis completo

   Volver ó índice de Planificación da CPU