i-rochiño

-> FIFO

First In first Out: o que chega embarca.

Con este algoritmo a planificación respecta o turno de chegada. Os procesos execútanse na orde na que chegan: o primeiro execútase ata que remata e o segundo ponse á cola. Cando chega o terceiro non lle queda outra que agardar a que rematen o primeiro e despois o segundo.

Proceso Tempo de chegada Tempo de execución
P1 0 7
P2 3 2

Con esta planificación no tempo 0 chega o primeiro proceso e toma posesión da CPU durante sete segundos. Cando van tres segundos chega P2 pero a CPU está ocupada e terá que agardar. Cando remata o primeiro proceso entra o segundo e execútase durante o tempo que precise.

O diagrama de Gantt ou cronograma sería:

tempo: 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
P1 + = = = = = = =    
P2       + = =

Consultar un exemplo máis completo

   Volver ó índice de Planificación da CPU