i-rochiño


Tempos dos procesos

tempos dos procesos O proceso chega ó sistema e pode que teña que agardar para executarse. Levarálle un chisco facer o seu cometido e remata. Imos poñerlle nome a cada un deses tempos:

  • Tempo de chegada: o intre no que o proceso chega ó sistema.
  • Tempo de espera: Tempo que o proceso está fóra da CPU.
  • Tempo de execución: o tempo que o proceso precisa para executarse.
  • Tempo de retorno: o tempo que transcurre dende que o proceso se lanza ata que finaliza a súa execución. Vén sendo a suma do tempo de espera máis o tempo de execución.

Velaí van outros conceptos:

  • Productividade: Número de traballos realizados por unidad de tempo.
  • Uso de CPU: Porcentaxe de tempo que o procesador pasa executando procesos.
   Volver ó índice de Planificación da CPU