i-rochiño


Chipset

ponte norte

Serve de apoio ó microprocesador no control das compoñentes da placa base. Abrangue os dous circuítos máis importantes da placa:

Ponte norte: próximo ó socket e ós zócalos de memoria. Adoita estar cuberto por un disipador de calor.

Ponte sur: próximo ós slots de expansión e ás conexións de E/S, é o encargado das compoñentes máis “lentas” do ordenador coma os portos, a rede, …

Algúns fabricantes desenvolveron buses específicos de alta velocidade para comunicar ambas pontes. Por exemplo DMI ou V-Link.

Outros fabricantes integran parte das funcións da ponte norte no microprocesador e a ponte sur pasa a chamarse PCH

chipset cos nomes

   Volver ó índice da placa base