i-rochiño


Zócalos de memoria

zócalos de memoria

Son as ranuras da placa onde se aloxan os módulos de memoria RAM. Cada zócalo leva unhas presillas para trincar os módulos de RAM. Nos ordenadores actuais chámanse zócalos DIMM. Todos teñem a mesma dimensión pero distinto numero de conectores:

  • DIMM de 284 contactos para a memoria tipo DDR4
  • DIMM de 240 contactos para as memorias tipo DDR3 e DDR 2
  • DIMM de 184 contactos para a memoria tipo DDR1

Os portátiles levan unha variante que é a metade de tamaño chamada SO-DIMM

Cada zócalo leva unhas presillas para trincar os módulos de RAM.

Os ordenadores actuais traballan en dual channel o que signiica que conectando a pares os zócalos mellora a velocidade de lectura e escritura. Na imaxe vemos os zócalos a cores por parellas.

   Volver ó índice da placa base