i-rochiño

->Memorias caché

memorias caché

Están dentro do microprocesador e son pequenos espacios onde gardar datos durante un intre. Utilízanse como apoio para acelerar os accesos da CPU á memoria RAM.

A cache está disposta en varios niveis (L1, L2, L3, L4) sendo L1 a máis rápida e de menor capacidade e a L4 a máis lenta e a de maior capacidade.

Cando se precisa un dato o ordenador pode almacenalo na caché para telo a man. Se ten que usalo moito vaise movendo entre os diferentes niveis da caché. Cando xa non se usa abandona a caché e volve á memoria principal.

   Volver ó índice da placa base