i-rochiño

Socket

socket do procesador

É o lugar da placa onde aloxamos o microprocesador. Para fixar a CPU ó socket empregamos un prendedor ou un deslizador arredor do que atopamos uns buratos para instalar os dispositivos de refrixeración.

O socket é específico para cada microprocesador, é dicir, cada socket admite uns determinados dispositivos pero non outros.

Existen dúas variantes:

  • ZIF: cheo de buratos para inserir o procesador que queda suxeito por un prendedor. Non precisamos facer forza para inserilo.
  • LGA: cheo de patillas, facilita a instalación e permite maior número de contactos e de velocidade.
   Volver ó índice da placa base