i-rochiño

Asignación de memoria

Como asignar memoria ós procesos?

Unha técnica posible é facer particións de tamaño fixas, é dicir dividir a memoria en partes iguais e botar a conta de cantas particións precisa un proceso. Pero non é unha boa idea: pode que un proceso só necesite a metade do tamaño fixo da partición daquela a outra metade quede sen utilizar. Estaríamos desperdiciando a metade da partición. A fragmentación da memoria pode ser grande e moito espazo libre que queda sen asignar.

Poderíamos traballar con particións de tamaño variable pero a pega é que complicamos a xestión de memoria: temos que levar conta da partición que asignamos a un proceso e tamén do seu tamaño. Outras posibilidades son:

-Paxinación

-Segmentación

-Memoria virtual

-Swapping

   Volver ó índice de Organización de Memoria