i-rochiño

Tarefa 9 - Cantando con bucles

Repetir e repetir… menudo aburrimento, para eso están as maquinas!!! Nós pola nosa banda imos cantar e lembrar a infancia 😉

🧺 Preparación

Precisamos unha carpeta á que imos chamar tarefa9_bucles que terá coma sempre un .html xunto cun .css e tamén un .js. Podemos facer o mesmo que na anterior tarefa: Tarefa 0: Crear infraestrutura

🖥 Código 1

A sintaxe do bucle for é un tanto enrevesada: dentro de paréntese, con puntos e comas polo medio, de súpeto esa cruz repetida. Imos paseniño, falámolo na aula. Coma sempre tratade de entender o que pasa:

document.write('
Bucle FOR

document.write('
☞ Facer algo cinco veces

for (var i=1; i<= 5; i++) {
document.write('
Había una vez un barquito chiquitito...

✏️ Cambios interesantes:

► que pasa se en troques de 5 pos 27 ?

► e se non repites o signo máis e pos dous signos menos inicializando a variable a 7 ?

🖥 Código 2

Temos que sacar máis partido desa variable. Pedímoslle que nos vaia dicindo canto vale.

document.write('
☞ Outra canción infantil

for (var i=2; i<= 10; i++) {
document.write(i +' 🐘 se balanceaban sobre la tela... ');

✏️ Cambios interesantes:

► que pasa se en troques de 2 pos 0 ?

► e se non repites o signo máis e pos dous menos inicializando a variable a 13 ?

🖥 Código 3

Tanto teclear código e vai ser xusto no seguinte onde aprendemos a contar:

document.write('
☞ Aprender a contar ata 10

for (var i=0; i<= 10; i++) {
document.write(i + ', ');

✏️ Cambios interesantes:

► modifica todo para que conte de 22 ata 33

► modifica todo para que conte para atrás de 88 ata 77

🖥 Código 4

Pegando saltitos:

document.write('
☞ Aprender a contar ata 44 de cinco en cinco comezando en 10

for (var i=10; i<= 44; i=i+5) {
document.write(i +', ');

✏️ Cambios interesantes:

► modifica todo para que nos dea a lista de números pares

🎞 Visualizar o javascript

Calcamos no .html de cada exercicio. Debería abrirse o navegador mostrando o resultado do noso código.

Volver a JavaScript